jueves, 30 de marzo de 2017

COÑECENDO A MARUjA MALLO

O próximo día 1 de abril homenaxéase a Maruja Mallo con motivo do Días das Artes Galegas, no cole da Armenteira estamos facendo un cadro da autora ("La sorpresa del trigo") entre todos, hoxe os nen@s de infantil collemos os nosos cachiños para pintalos con ceras Manley que tanto nos gustan.
En breve mostraremos o resultado final!!!

SAÍDA Ó MUSEO DE PONTEVEDRA

O pasado martes visitamos o Museo de Pontevedra, fixemos un repaso pola prehistoria da man de Raquel, veunos moi ben esta visita para recordar o proxecto que traballamos no primeiro trimestre.

domingo, 26 de marzo de 2017

SORTE PROFE REME!!!

O venres a profe Reme rematou as súas prácticas no noso cole, vamos botala moito de menos tanto as profes como os nen@s, Desexámosche moita sorte Reme!!!

Para agradecerlle o tempo que estivo con nós fixémoslle uns regaliños e unha pequena festa.


OS TRABALLOS DO CORPO

              

jueves, 23 de marzo de 2017

REMATAMOS O PROXECTO DO CORPO

Para poñer o broche final ó proxecto do corpo invitamos ás familias a vir a nosa escola para compartir con eles algunhas cousas que aprendemos: primeiro mostrámoslles un vídeo feito por nós sobre o corpo, despois fixemos unhas cancións coa profe Paula e por último un circuito coa profe Lupe (sen esquecernos da parte de quecemento e relaxación). Gústanos moito que nos veñades ver á escola, para os que nos puidéstedes vir deixamos aquí un pequeno resumo do que fixemos, esperamos que vos gustase, un saúdo.







miércoles, 22 de marzo de 2017

INVITACIÓN PARA AS FAMILIAS

Mañá xoves 23 as familias dos nen@s de infantil estades invitadas a vir ó noso cole para ver algunhas cousas que aprendemos sobre o corpo, amosarémosvos un vídeo no que aparece un pequeno resumo do que aprendemos, cantaremos e bailaremos unhas cancións do corpo coa profe Paula e tamén poderedes ver un circuito de psicomotricidade coa profe Lupe. Esperámosvos ás 13:10.

SAÍDA A APÍPOLIS

Onte os nen@s de infantil e 1º ciclo  fixemos unha saída a Apípolis. Pasámolo moi ben aprendemos un montón de cousas sobre o mundo das abellas e tamén nos tocou traballar un pouquiño: fixemos galletas, envasamos mel, exercemos de apicultores...





ENTROIDO 2017




lunes, 20 de febrero de 2017

O LUNS O MECO MANDA...



       


Pinchade nas fotos para velas máis grandes.

O DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebramos o día da paz con diferentes activiades: lectura dun conto, de poemas, cancións... Podedes ver todo o que fixemos pinchando aquí.

miércoles, 21 de diciembre de 2016

NADAL 2016

Hoxe no cole da Armenteira celebramos o festival de Nadal, os nenos e nenas de infantil foron os protagonistas de tres actuacións: unha representación  ("O máis importante do Nadal") , unha panxoliña en galego ("O abeto está baleiro") e outra en inglés ("Santa, where are you? "). Aquí están algunhas fotos da celebración dun día tan especial para os nen@s. BO NADAL!!!

PROXECTO A PREHISTORIA

A continuación publicamos o vídeo que fixeron os nenos/as unha vez rematado o Proxecto da Prehistoria e que presentamos ás familias o pasado venres cando os convidamos a ver os distintas actividades que fixemos. 

"TROGLODITA SOY"

Esta é a canción que traballamos durante o proxecto da prehistoria, queremos poñela aquí para que poidades seguir disfrutando dela. Tamén podedes ver o ensaio que fixemos antes da visita dos pais.

lunes, 21 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016

O pasado martes no noso cole celebramos unha das festas máis importantes do outono: o Magosto. Comezamos con distintos xogos populares dirixidos polos alumnos/as de 6º e rematamos degustando castañas, xogando cos carozos e pintándonos as caras, ramatamos un pouco cansos pero pasámolo moi ben.

martes, 1 de noviembre de 2016

ACTUACIÓN SAMAÍN: CON ESTA VARIÑA

Aquí podedes ver a actuación que fixeron os máis pequenos do cole coa profe de música, que habrá debaixo destas sabas?

lunes, 31 de octubre de 2016

SAMAÍN 2016

O pasado venres no noso cole celebramos o Samaín con diferentes actividades: talleres (de manualidades, maquillaxe e cine), actuacións musicais tanto en galego como en inglés, entrega de premios do concurso de cabazas e por último "trick or treat". Como veredes nas fotos pasámolo terroríficamente ben!!!!


lunes, 24 de octubre de 2016

OS VENRES: PRÉSTAMO DE CONTOS

O pasado venres comezamos o préstamo de contos da Biblioteca, é importante recordar que este día ou antes teñen que traer a bolsa co conto para poder levar outro. 

domingo, 9 de octubre de 2016

VENRES DE CONTACONTOS!!!

Este venres comezou a segunda edición dos VENRES DE CONTACONTOS, cada venres o  alumnado do 3º ciclo vai ás aulas contarlles contos ós nen@s dunrante o Proxecto Lector, a súa visita é moi agardada. Este ano en infantil estreáronse co conto dos tres porquiño. Fixérono xenial.


CURSO 2016-2017

Con un mes de retraso dende o blogue dos máis pequenos do cole da Armenteira damos a benvida a un novo curso. Aquí irémosvos  contando algunhas das cousas que facemos no cole, para comezar queremos ensinarvos unhas fotos facendo diferentes actividades. pinchando nelas pódense facer máis grandes.


viernes, 3 de junio de 2016

A LIMPAR!!!

Onte veu ó cole a mamá dunha nena explicarnos o seu traballo: LIMPADORA. Aprendemos e practicamos moitas cousas deste oficio: torcemos a fregona, pasamos a mopa, explicounos os diferentes utensilios que se empregan para limpar... Como podedes ver nas fotos estivemos moi afaenados. Moitas grazas.



miércoles, 1 de junio de 2016

SORPRESA: CHEGOU A POLICÍA!!!

Hoxe no cole da Armenteira recibimos unha visita moi especial para os nen@s: A POLICÍA. 
Tivemos a sorte que o tío dunha alumna e un compañeiro viñeran ó cole falarnos desta profesión da que aprendemos un montón de cousas: que hai distintos tipos de policías, que empregan diferentes medios de transporte, que teñen varias vestimentas... Ademais de contarnos moitas cousas tamén nos deixaron fuchicar en todos os aparellos, incluso subir ó coche e poñer a serea, foi unha experiencia moi divertida. Tende coidado con cometer algunha infracción pois dende hoxe os nen@s da Armenteira teñen carnet  de policÍa. Moitas grazas por visitarnos.

viernes, 27 de mayo de 2016

REVISIÓN MÉDICA (4-5anos)

Seguimos traballando os oficios en infantil e xa que unha das nenas quere ser doutura aproveitamos para facer un Centro Médico na nosa clase. A idea tivo tanto éxito que se esgotaron as citas. Curamos doenzas de todo tipo e por suposto ninguén marchou sen facer a revisión ocular e auditiva. Con estes pequenos doutores no Cole da Armenteira xa podemos estar un pouco máis tranquilos.

martes, 24 de mayo de 2016

VISITOUNOS UNHA CARRETILLERA

Onte recibimos a visita da tía dunha alumuna para explicarnos o seu traballo: carretillera. Coñecemos en que consiste este oficio, que perigos ten e que coidados hai que ter...; ademais como ela traballa de carretillera nunha fábrica de cefalópodos tamén coñecemos moitas cousas sobre estes animais: o pulpo, o calamar, a sepia, o rejo de potón... aprendemos un mundo de cousas!!! Moitas grazas por visitarnos.

                                                      
              

lunes, 23 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

O venres celebramos o Día das Letras Galegas no noso cole con distintas actividades: unha pequena entrevista a un pequeno experto en Manuel María, visionado dos poemas de Manuel María ilustrados polos alumn@s do colexio e cancións de poemas de Manuel María que preparamos coa profe Paula de música. Os nen@s de infantil cantaron e bailaron a roda roda.


jueves, 19 de mayo de 2016

VISITA DUNHA ENFERMEIRA ESPECIAL

 Como xa vos dixemos, estamos traballando os oficios en infantil e estamos encantados de recibir calquer visita relacionada con este tema.
Onte animouse a vir ó cole a avoa dunha alumna de 3 anos que traballa nun xeriátrico (gerocultora, para os nen@as enfermeira dos maiores), a súa visita axudounos a entender a importancia desta profesión para axudar ós nosos maiores.
Primeiro contounos un conto (¿Qué le pasa a la abuela?), logo falounos do que facía no seu traballo, ensinounos algúns utensilios que emprega e incluso nos deixou probar o seu uniforme. Mirade que guapos estamos!!!
Moitísimas grazas por visitarnos! Se alguén máis se anima os nen@as e as profes estarán encantados de  recibirvos!





domingo, 8 de mayo de 2016

BOMBEIROS, CONSERVAS CAMBADOS, AQUAREI PUBLIC

O pasado mércores fixemos unha saída moi íntensa: a primeira hora visitamos os Bombeiros do Salnés (manipularon distintos aparellos que empregan os bombeiros, subiron ó camión, puxeron o casco, andiveron coa magueira...); despois de repoñer enerxía coa merenda visitamos Conservas Cambados onde vimos o proceso dende que o peixe chega a conserveira ata que está listo para vender no súper ademais de facer unha actividade de empacado de gominolas e por último visitamos aquarei public, un empresa de serigrafía na que nos ensinaron como se fan as chapas e as pañueletas que cada nen@o despois levou para a súa casa. MOITAS GRAZAS A ESTAS TRES EMPRESAS.